www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Interceptado un vehículo que entrou na AP9 en sentido contrario e outro por alcolemia
Sucesos • 22/06/2020
Autor: Ana Prieto

Os axentes da Policía Local de Redondela relizaron este domingo varias intervencións para garantir a seguridade viaira. A súa rápida intervención evitou unha traxedia na tarde de onte, cando interceptaron a un condutor que, por erro, se introduciu na AP9 en Chapela en sentido contrario. Tamén abriron dilixencias contra outro condutor en Cesantes, que cuatriplicaba a taxa de alcol permitida ao volante.


A primeira hora da tarde de onte unha patrulla da Policia Local evitou o que puido ter sido unha desgraza. Os feitos aconteceron na zona de Pousadoura, en Chapela, cando os axentes que circulaba polo lugar observa como a un vehiculo entrando en sentido contrario na autoestrada AP-9. A patrulla activou os dispositivos acústicos e luminosos do vehículo policial e seguiu ao turismo, un Audi A3, ata darlle o alto, tendo que adiantalo e facéndoo frear para evitar que continuara circuando pola autoestrada en sentido contrario. Os ocupantes do coche eran unha parella de avanzada idade que se dirixía á cidade de Vigo e que, por erro, se introduciu ao revés pola AP-9.


Cuatriplica a taxa de alcolemia


Tamén na tarde de onte os abriron dilixencias no xulgado de garda por un presunto delito contra a seguridade vial. Os feitos aconteceron no acceso a praia de Cesantes, cando unha patrulla da Policía Nacional detectou un vehículo que circulaba de xeito irregular e no que viaxaban dúas persoas. Dado que o seu condutor presentaba síntomas de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas, requeriron da Policía Local para realizar as probas, que deron un resultado positivo de 1,06 mg/l e 0,96 mg/l en aire aspirado respectivamente. Isto supón catro veces máis da taxa de alcol permitida ao volante, que se sitúa en 0,25 mg/l. O acompañante tamén foi denunciado por sacar o corpo por fora do vehículo mentres circulaban.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: