www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

Gloria Argones: "Hai que volver á normalidade pero con cautela, a min dácheme respecto saír da casa"
Sociedade • 19/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Logo de varios meses confinados son moitos os que están tendo que enfrontarse aos seus temores á hora de volver a unha relativa normalidade. O contacto con outras persoas, o risco a se contaxiar, o medo a enfermar é algo habitual que tamén sente esta usuaria da Cruz Vermella de Redondela quen asegura que, malia que xa sae a dar os seus paseos, faino con receo "teño amigas que aínda nin se atreveron a saír".


Estar todo o día na casa fíxoselle custa arriba, pero o retorno a normalidade tamén está a ter os seus máis e os seus menos. "Isto ainda non pasou, non temos vacina, e malia que hai que volver a normalidade hai que facelo con moita cautela". Ese é o sentir de Gloria Argones quen tenta tamén tirar de humor para describir a situación pola que pasamos "xa non sei nin andar de tanto estar metida na casa". Vai retomando a súa vida con pequenos paseos pero sen esquecer o que pasou e sendo consciente de que "isto aínda non acabou".


Lembra con pesar as noticias que falaban de milleiros de persoas falecidas "sobre todo, aflixíame o que estaba a pasar cos maiores nas residencias que se foron sos, sen ver a súa familia".


Unha dor que ela coñece ben porque tampouco puido facer o loito por un irmán que morreu por coronavirus en Vitoria, cidade na que residía.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: