www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

Os detidos polos altercado no local da rúa Mendiño en Cesantes eran de Redondela, Vigo e Salceda
Sucesos • 17/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Tres homes de 28 e 29 anos de idade foron detidos pola Policía Nacional na madrugada de onte logo de intentar agredir a varios axentes que se personaron neste local de hostalaría tras recibir unha chamada que alertada de que o bar estaba incumprindo o horario establecido para a actividade de terrazas. Os feitos producíanse pasadas das dúas da madrugada e o enfrontamento entre axentes e clientes causou alarma no vecindario.


Os detidos, tres varóns con domicilio en Vigo, Redondela e Salceda de Caselas están acusados dun delito de desobediencia tras os feitos que se producían na madrugada de onte neste local de Cesantes. Ao lugar acudiron unha dotación da Policía Local e outra da Nacional tras recibir unha chamada indicando que este establecemento estaba a incumprir o horario establecido para a actividade de terrazas. Á súa chegada identificaron varios clientes e sancionaron a un deles por posesión de cocaína. Mentres formalizaban estes feitos, tres clientes comezaron a increpar e ameazas aos axentes, segundo información da Policía. Unha amezas que foron en aumento ata que "nun momento determinado estas persoas abalanzáronse contra os axentes e tentaron agredilos, tendo que ser reducidos e inmobilizados".


A continuación foron trasladados a dependencias policiais onde se lles tomou declaración e se comprobou que dous deles contaban con antecedentes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: