www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

Os traballadores forzan a Urbaser a negociar a readmisión dun operario tras ocupar o Concello
Sociedade • 15/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Un grupo de sindicalistas da CUT ocupaban no mediodía de hoxe a Casa do Concello co obxecto de presionar a empresa Urbaser logo do despedimento meses atrás dun traballador desta empresa, encargada da recollida do lixo en varios municipio, entre eles o de Redondela. Logo de acadar o compromiso da empresa de acudir este xoves a unha reunión decidiron abandonar o edificio.


Sindicalistas da CUT ocupaban no mediodía de hoxe o edificio do Concello co obxecto de forzar a empresa a negociar unha saída ante o despedimento "como represalia sindical" dun dos seus compañeiros.


Alberto Covelo, representante dos traballadores, explicaba que o obxecto da mobilización que arrancou cunha concentración na praza do Concello para despois trasladarse ao interior do edificio, era esixir ao goberno local que forzase a empresa a "sentarse a negociar antes do xuizo, que está previsto para o vindeiro luns día 22". Entenden que a solución ao conflito debe ser "unha solución pactada e dialogada" que se dea antes da vista xudicial.


Engadía Covelo que "a readmisión do traballador é posible, aínda que difícil, pero o noso obxectivo é que a empresa dea marcha atrás nun despido que é inxusto e a mala fe".


Traballadores e empresa veranse as caras nesa xuntanza que se celebrará o xoves ás 10:00 con mediación do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: