www.radioredondela.com | Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019 |
Os veciños de Redondela quéixanse do estado das praias e as obras de humanización
Sociedade • 4/08/2009
Autor: Lorena Otero A limpeza dos areais redondeláns, a redución das molestias orixinadas polas obras de humanización e a construcción de máis parques infantís son algunhas das demandas que os redondeláns lle fan ao goberno local. A mala situación dos areais, o lixo que hai no fondo da ría e a proximidade das zonas de baño ao peirao, provocan o malestar dos usuarios das praias de Redondela. Os usuarios da praia de Cesantes e Arealonga denuncian que os servizos municipais non están a limpar as praias en plena época estival o que provoca que na area se atopen cristais, bolsas de plástico e lixo. Ademais denuncian que os colectores de reciclaxe situados nos areais non son baleirados diariamente o que provoca que non se poida facer a selección do lixo e teñan que depositalo nos colectores que están baleiros. |
Comentarios |
|
|
Audios relacionados co artigo |
![]() Lixo sen recoller cristais na area e situación dos fondos mariños son algunhas das denunias dos redondeláns.
![]() O ruído as retencións de tráfico e non poder pasear polas beirarrúas son algunhas das queixas dos veciños neste eido.
![]() Piden ao concello maior limpeza nas instalacións infantís e a contrución doutro parque.
|