www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

Pazos de Borbén reforza a limpeza na tempada estival coa contratación de seis traballadores
Institucional • 9/06/2020
Autor: Ana Prieto

O Concello de Pazos de Borbén acaba de realizar seis novas contratacións para reforzar a súa brigada de limpeza durante a tempada estival.Os novos empregos destinaranse principalmente ao coidado de infraestruturas municipais e realizarán tarefas de limpeza de mobiliario urbano, parques, xardíns e actuacións de mantemento.

 

 


Os novos empregos financiaranse a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e terá unha duración de 6 mese cunha xornada laboral de 30 horas semanais. O alcalde de Pazos, Andrés Iglesias, sinala que con estas novas incorporacións "poderanse reforzar os servizos e ampliar as actuacións de mantemento no municipio ao tempo que se dá traballo a veciños en situación de desemprego". Estes traballadores estaban inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e a contratación realizouse baixo un proceso de selección no que se valoraron aspectos como a preparación e a situación económica persoal e familiar dos candidatos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: