www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

O Mundialito da Xunqueira terá que agardar ao 2021
Deporte • 9/06/2020
Autor: Ana Prieto

A crise do coronavirus puido cun dos torneos de fútbol sala máis antigos e emblemáticos da provincia. O club Redondela Fútbol Sala vén de confirmar que debido á situación de pandemia pola COVID-19 este ano non vai celebrar o Mundialito da Xunqueira en categoría senior.


A singulariedade e espectacularidade deste torneo de fútbol sala con vallas converte a Redondela cada verán na capital deste deporte na provincia, pola cantidade e calidade dos equipos que cada mes de xullo participan nesta cita. A edición 46º deste Mundialito terá que esperar ata o ano 2021, cando a directiva promete volver "con máis ilusión e forza ca nunca". A directiva do club e o Concello de Redondela adoptan esta postura conxunta pensando na importancia que ten preservar a seguridade e saúde dos xogadores e espectadores.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: