www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

Bas demanda no Congreso a eliminación da peaxe de Rande
Política • 5/06/2020
Autor: Ana Prieto

O ex alcalde de Redondela, o popular Javier Bas, estreouse onte como orador no Congreso. O deputado por Pontevedra aproveitou a ocasión para lembralle ao goberno compromisos pendentes do Ministerio de Transportes e Mobilidade como a eliminación da peaxe de Rande, a instalación de pantallas para reducir a contaminación acústica e a recuperación dos viais afectados polas obras de ampliación da AP-9.


Javier Bas estreouse onte no Congreso debatendo a Lei do imposto sobre servicios dixitais, a coñecida como "Tasa Google", pero tamén aproveitou a súa intervención para lembrarlle ao executivo central os compromisos adquiridos con Redondela. O deputado popular por Pontevedra lembroulle ao presidente Pedro Sánchez estas demandas e pediulle que "anime" ao ministro José Luis Ábalos "para que se poña á tarefa" con estes compromisos adquiridos en 2018. Bas Corugeira lembrou que está pendente a eliminación da peaxe entre Rande e Vigo, que cualificou de "inxusta", a instalación de pantallas anti ruído e a reposicións de viais que resultaron afectados polas obras de ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: