www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

"En pé polo planeta": Artelixo e o Concello chaman a encher a rúa Alfonso XII de calzado infantil
Sociedade • 4/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio ambiente desde o colectivo Artelixo e o Concello convidan á cidadanía á participar nun acto reivindicativo, enmarcado na campaña "En pé polo planeta" e chaman a traer zapatos de nenos/as (bebés e crianzas pequenas ou non tan pequenas) para simbolizar a necesidade de deixarlles aos nosos fillos e fillas un mundo habitable e sostible. Por este motivo, dende as 16:00 e ata as 22:00 horas este venres día 5 de xuño as rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín permanecerá pechadas ao tráfico.


Sumándose á campaña que a entidade Hope! desenvolve por todo o mundo, para chamar a atención sobre o cambio climático, cada neno e cada nena deixarán zapatos na rúa Alfonso XII que estará cortada durante toda a tarde. Ás 18.00h haberá un espazo de expresión para a rapazada, no que se poderá escoitar o que os pequenos e pequenas queiran dicir sobre o coidado do planeta e do seu futuro.


Os zapatos que estean en uso poderán recollerse despois da acción. Os que estean en desuso (máis que poidan ser aproveitados por outros nenos) e queiran doarse, recolleranse e serán entregados pola organización á asociación Boa vida de Pontevedra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: