www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 5 de Xullo de 2020

Saladina Barciela: "O que máis botei de menos foron as miñas actividades e a vida social"
Sociedade • 1/06/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Facer teatro, ensaiar coa coral, atoparse cos seus compañeiros e compañeiras da Cruz Vermella... a falta de todas esas actividades foi o que peor levou esta veciña de Redondela durante estes meses "non ter esas rutinas facía que as veces nin souberas en que día estabas". Un confinamento que ela gardou escrupulosamente e que agora comeza a abandonar aínda que insistindo en que hai que se prudente para que a cousa non volva empeorar "mellor respirar mal con mascara que non respirar" é o seu consello para que todos nos poñamos esa barreira de protección.


Malia vivir soa, asegura que as semanas que pasou na casa non se lle fixeron moi custa arriba graza a vivir nunha casa "estando na aldea as cousas lévanse mellor que vivindo nun piso" e aínda que botaba en falta a súa intensa vida social pasou os días "arranxando o xardín, indo a horta, regando, dándolle de comer as galiñas".


En ningún momento tivo medo a se contaxiar "porque non estiven en contacto con ninguén e porque nunca me sentín mal". Iso si, insiste en que hai que ser prudentes nesta fase na que todos comezamos xa a saír de casa. Ela xa puxo a máscara varias veces "cando veu visitarme a familia" pero teme que haxa moita xente imprudente que non respecte as medidas sanitarias e a situación volva complicarse. Por isio insiste "mellor respirar mal con máscara que non respirar".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: