www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Ferida leve unha veciña de Cesantes tras caer o seu vehículo máis de dez metros ata a vía do tren
Sucesos • 28/05/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O suceso tiña lugar pasadas as 7:30 horas da mañá de hoxe cando a muller, de 57 anos de idade, se dirixía cara o seu traballo. O seu vehículo colidía contra outro turismo e saía despedido precipitándose á vía dende unha altura que supera os dez metros. Malia o aparatoso do sinistro esta veciña de Cesantes tan só sufría feridas leves sendo trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro. O tráfico ferroviario quedou interrompido ata as 11:30 horas, cando o vehículo foi retirado das vías.


Unha caída de consecuencias que podían ter sido fatais, tendo en conta a altura que separa a estrada de Cesantes das vías do tren neste. Todo apunta a que unha colisión entre un vehículo que cruzaba a ponte sobre a vía e o turismo sinistrado foi o que provocou o accidente. Afortunadamente a súa condutora, veciña da parroquia, de 57 anos de idade e que se dirixía cara o seu traballo, puido ser liberada sen sufrir feridas de gravidade segundo informan dende a Policía Local.


Ata as 11:30 horas non foi posible a retirada do vehículo polo que ata esa hora estivo interrompido o tráfico ferroviario.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: