www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

A hostalaría local adáptase á "nova realidade"
Sociedade • 28/05/2020

As fases da desescalada nesta alerta sanitaria pola COVID-19 levou aos locais de hostalaría a ir abrindo as súas portas aos poucos. Uns dos primeiros en facelo foi a Sala de Festas Bolero, que se reinventou como terraza, restaurante e cafetería cumplindo todas as medidas sanitaria e a distancia de seguridade entre clientes que marca a normativa.


A amplitude da súa terraza exterior, que lle permite albergar ata a 80 clientes mantendo a distancia de seguridade, animou ao seu propietario a abrir o establecemento o pasado 11 de maio, sendo un dos primeiros establecementos locais en facelo. As mesas están a 2 metros de distancia, cumprindo a normativa, e mantendo 1,5 metros entre clientes. O local, coñecido en toda a bisbarra como salón de baile, tivo que "reinventarse" para poder retomar a actividade despois de dous meses de peche forzoso. Kiko, o seu propietario, explica que ante a imposibilidade de retomar a súa actividade normal, utiliza agora a súa terraza para ofrecer aos clientes unha ampla carta de produtos. Desde o pasado luns abriron tamén o espazo interior da cafetería, onde grazas ao amplo espazo de que dispoñen poden organizar tamén eventos. O responsable do local confesa que adaptarse á nova normativa sanitaria está a resultar "máis doado do que pensaba", e que desde que abriron ao público todo está a funcionar "moi ben". Isto é posible "grazas á colaboración dos clientes", que son comprensivos coa sistuación, "respectan todas as medidas de seguridade e facilitan o traballo dos camareiros en todo momento". O perfil dos clientes deste establecemento tamén mudou, igual que a súa oferta hostaleira. Se antes do peche por mor da pandemia do coronavirus o seu público era sobre todo persoas de idade, agora achéganse ao local consumidores "de todo tipo, tanto xente nova como maiores, grupos de amigos, ou familias", atraídos sobre todo "pola ampla terraza". Ofrecen menú do día e mesmo organizan eventos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: