www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

Redondela súmase ao loito pola vítimas do Covid-19 cun minuto de silencio e bandeiras a media hasta
Institucional • 27/05/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Durante dez días, as bandeiras do Concello de Redondela ondearán a media hasta, en cumprimento do loito oficial que o Goberno da nación vén de decretar en lembranza de todas as vítimas da pandemia da COVID-19. Ao mesmo tempo, o Goberno local convocou unha concentración silenciosa diante da Casa Consistorial na que ao grupo de Goberno, engadíronse concelleiros e concelleiras da Corporación municipal e veciños e veciñas de Redondela.


Coa concentración de hoxe, sinalou a alcaldesa Digna Rivas, "toda a Corporación e a veciñanza quere lembrar, non só ás vítimas da COVID-19, senón as familias que durante esta tráxica primavera do 2020, perderon a algúns dos seus seres queridos. Eles e elas sempre estarán no noso recordo".


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: