www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

O Concello retoma a súa actividade presencial con cita previa
Institucional • 25/05/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Dende hoxe luns os veciños de Redondela xa poden realizar trámites presenciais nas distintas dependencias do Concello, aínda que terán que facelo solicitando cita previa no teléfono 986 400 300, onde se lles indicará a data e hora e as recomendacións de seguridade a seguir.


Deste xeito, o Concello redondelán retoma paulatinamente a actividade presencial suspendida a raíz da crise da COVID-19, aínda que a atención á cidadanía foi mantida de xeito continuado a través da atención telefónica e de correo electrónico.


Agora, cos primeiros pasos na denominada nova normalidade, o persoal municipal retoma o seu traballo presencial "con novas medidas de seguridade sanitaria que permitan garantir tanto a saúde das usuarias e usuarios coma a das traballadoras e traballadores do Concello".


Co sistema de cita previa, elimínanse as esperas e, polo tanto evítanse concentracións de persoas nas dependencias municipal "diminuíndo as posibilidades de contaxio e seguindo as recomendacións ditadas polas autoridades sanitarias" explica a alcaldesa Digna Rivas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: