www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

As bibliotecas reabren as súas portas
Cultura • 21/05/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Son moitos os que desexan volver a estas instalación para facer uso dos seus libros, aínda que polo de agora será con restricións para garantir a seguridade sanitaria: só servizo de préstamo e devolución e sen acceso directo á colección, polo que as obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da biblioteca. Ademais só poderá permanecer no interior das salas unha persoa.


"O máis difícil é acostumarse a que os usuarios non poden tocar os libros" explica Mª José Villar, dende a Biblioteca de Chapela. Trátase dunha medida máis encamiñada a garantir que as bibliotecas son espazos seguros e que so usuarios poden facer uso dos seus préstamos sen preocuparse porque os libros poidan estar contaminados. De feito, cada documento devolto deberá pasar unha corentena de 14 días "tempo máis que suficiente para garantir a eliminación do coronavirus".


Unha medida que se completa co uso de xel hidroacohólico por parte dos usuarios que acceden a instalación e máscaras de protección ao tratarse dun espazo pechado. O propio persoal tamén atende convintemente protexido detrás das mamparas instaladas nos mostradores das salas.


Un persoal que quere axudar a que ninguén quede sen ler polo que animan aos usuarios a facer as súas petición vía correo electrónico ( bibliotecaredondela@redondela.gal bliotecachapela@redondela.gal ) para ter a entrega preparada en canto accedan á biblioteca. Tamén para facilitar a elección do libro desexado, pódese acceder ao catálogo das bibliotecas e ás listas de novidades destes últimos trimestres.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: