www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

O Artelixo volve ás rúas de Redondela
Cultura • 21/05/2020

O certame artístico e reivindicativo celebrarase do 31 de maio ao 14 de xuño. A organización prepara para a edición deste 2020 unha exposición no Multiusos da Xunqueira coas obras do "Artelixo Confinado". Tamén haberá pezas nos escaparates do comercio local e outras de grande formato nas rúas. Á espera de que a situación sanitaria por mor da COVID-19 o permita, celebrarán concertos en diferentes parroquias e un gran evento musical no Carballo das Cen Pólas, en Reboreda, para presentar o disco do Artelixo.


Estaba previsto que este certame cultural de gran tradición e participación en Redondela se celebrase o pasado mes de abril, pero tivo que adiarse por mor da alerta sanitaria do coronavirus. A organización decidiu entón propoñer á cidadanía que participase a través das redes, enviando fotografías de obras de artes feitas con material de refugallo nas súas casas. Fon Conde sinala que foi todo un éxito, recibiron imaxes de máis dun cento de pezas, elaboradas por veciños de todas as idades durante o confinamento. A posta en marcha das diferentes fases do desconfinamento animou aos organizadores a retomar a celebración do Artelixo nas rúas, cunha programación que arranca o 31 de maio ata o 14 de xuño. Haberá unha exposición no Multiusos da Xunqueira con obras feitas no "Artelixo Confinado", e tamén nos escaparates dos comercios locais que queiran sumarse a esta iniciativa. Está aberto o prazo para recibir propostas de todos aqueles que desexen participar, que poden enviar ao enderezo artelixoredondela@gmail.com. As pezas de maior tamaño serán expostas nas rúas.


Na edición desde 2020 o Artelixo tiña previsto presentar un disco dobre con 30 temas musicais elaborados por diferentes artistas da bisbarra. Xa está grabado, e á espera de que poida comercializarse, preparan diferentes concertos polas parroquias de Redondela . Todas estas actividades realizarnse seguindo as medidas de seguridade que establezan en cada momento as autoridades sanitarias. Cando sexa posible celebrarán un gran evento musical para presentar o disco, acto que pretenden levar a cabo no Carballo das Cen Pólas, en Reboreda, malia que aínda non hai data. O obxectivo, como vén facendo o Artelixo nos últimos anos, é levar os seus actos culturais e reinvidicativos a todas as parroquias.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: