www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

A Asociación Cultural e Social de Chapela repartirá máscaras hixiénicas entre os seus socios
Sociedade • 18/05/2020
Autor: Ana Prieto

A partir de mañan martes, día 19, en horario de 17:00 a 20:00 horas, as asociación repartirá este material de seguridade no local da Escola de Música de Chapela, nos baixos do pavillón Manuel González Soto. Trátase de máscaras reutilizables, confeccionadas por voluntarios do colectivo, que serán distribuídas a todos os socios previa presentación do DNI.


As máscaras están confeccionadas polo equipo de voluntarios que a Asociación Cultural coordina desde hai mes e medio en colaboración con SOGAPS, para atender a escaseza deste material por mor da crise do coronavirus. Distribuiron as máscaras en diferentes centros hospitalarios, así como a colectivos que polo seu labor "atopábanse máis expostos ao COVID-19". Pasada a urxencia máis complicada desta situación, desde a Asociación Cultural de Chapela queren tamén achegar a súa colaboración para evitar contaxios entre os seus socios, ao tempo que agradecen "a súa incondicional colaboración durante tantos anos". Todas as máscaras están fabricadas con materiais achegados pola propia asociación, asesorados por diferentes equipos sanitarios para garantir a protección contra o contaxio do COVID-19. Desde a directiva da asociación agradecen "o asesoramento dos profesionais sanitarios, así como o traballo do equipo de voluntarios e voluntarias pola súa implicación".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: