www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

Operarios do concello apoiarán ás mariscadoras na recollida de algas
Institucional • 13/05/2020

Unha tarefa que cada ano realizan as mariscadoras de Redondela para evitar a mortalidade do marisco e facilitar a súa extracción. Nas últimas semanas contaron co reforzo dun tractor do departamento de Vías e Obras que permite trasladar con maior facilidade as algas aos colectores que posteriormente son enviadas a un xestor autorizado e coas que se producirá abono para a agricultura.


O concello de Redondela comezou a campaña de colaboración co sector marisqueiro. A primeira actuación realizouse na praia de Cesantes onde foron retiradas as algas que poñen en perigo ás crías dos bancos marisqueiros. Coa axuda dun tractor da concellería de Vías e Obras, as mariscadoras retiraron esta materia vexetal que provoca grandes danos ao marisco. Unha colaboración que continuará naqueles lugares nos que se poida acceder con esta maquinaria para axilizar a xestión desta materia vexetal. Uns traballos, que se realizan en función das mareas e as condicións meteorolóxica, que contarán co reforzo de operarios municipais a partir do verán, cando se fagan as contratacións de persoal da época estival, e que tamén se encargarán da retirada e xestión de elementos contaminantes dos areais.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: