www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

Pazos reparte 1.500 máscaras entre a poboación de risco para afrontar a fase 1
Institucional • 11/05/2020

As máscaras cirúrxicas destinaranse aos veciños de máis idade e ás persoas que presenten doenzas de risco pola COVID-19. Aqueles que a desexen deberán solicitala no teléfono 986 497 035 e recibirana no seu domicilios. O obxectivo é que os veciños poidan encarar a fase 1 da desescalada, que comeza este luns, e na que se prevé un maior fluxo de persoas nas rúas, coa maior protección e seguridade posible.


O concello de Pazos de Borbén repartirá nos vindeiros días 1.500 máscaras, que se suman ás 6.000 máscaras e 3.000 pantallas protectoras distribuídas nas últimas semanas entre a veciñanza. Neste caso, o reparto realizarase entre a poboación máis vulnerable, ben pola súa idade ou pola súa saúde ao presentar algunha enfermidade de especial risco en caso de contaxiarse por coronavirus. Para poder acceder ás máscaras, é preciso solicitalas previamente chamando ao concello de Pazos de Borbén (986 497 035.) O solicitante recibirá no súa propia casa unha máscara cirúrxica homologada, desinfectada e embolsada para evitar a contaminación no proceso de entrega.


A concelleira de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, explica que con esta nova entrega búscase dar “unha protección extra aos veciños máis vulnerables agora que dá comezo a primeira fase da desescalada”. A edil envía unha mensaxe de responsabilidade xa que “este é un momento de alivio para todos, pero tamén para ser prudentes e seguir ao máximo posible as recomendacións médicas”.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: