www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

O cemiterio municipal de Mañó abrirá ao público o vindeiro luns
Institucional • 9/05/2020
Autor: Ana Prieto

Os camposantos municipais abrirán novamente ao público o próximo luns, 11 de maio. A decisión adoptada polo goberno local cínguese ao marcado no "Plan de transición cara a unha Nova Normalidade" do Goberno central no referente á apertura dos lugares de culto.


O Concello de Redondela fixo tamén un chamamento "á responsabilidade dos veciños e veciñas á hora de evitar aglomeracións", responsabilidade que "quedou máis que demostrada durante este tempo de confinamento e no que a gran maioría da cidadanía, agás excepcións puntuais, tivo un comportamento exemplar".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: