www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

O PP solicita ao goberno local que envíe por Correos o resto das máscaras de protección
Política • 9/05/2020
Autor: Ana Prieto

O grupo municipal do PP lembra que o pasado mes de abril o Concello comezou a repartir as mascarillas a través dos voluntarios de Protección Civil polas distintas parroquias do municipio, comezando polas de menor a maior poboación. O Viso, Vilar de Infesta e Trasmañó foron as primeiras. O PP redondelán entende que, comezando o próximo luns a Fase I de desescalada, "non se pode demorar máis a entrega das máscaras de protección homologadas aos veciños que faltan".


Lembran que se trata dun elemento "imprescindible" para a seguridade dos cidadáns cando saian á rúa nas condicions que recomenda o Goberno. Denuncian que o reparto "non se plantexou co tempo suficiente" para que toda a poboación conte con este elemento de seguridade unha iniciado o desconfinamento. O grupo popular solicitou por rexistro ao goberno local "que envíen o resto de mascarillas a través do servizo de Correos, así chegará de xeito máis áxil e rápido a todos os veciños, tendo en conta que quedan por entregar as parroquias con maior número de habitantes como son Redondela e Chapela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: