www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

O IES Illa de San Simón dará aprobado xeral para favorecer "a igualdade de oportunidades"
Sociedade • 7/05/2020
Autor: Ana Prieto

Ante a decisión do Ministerio de Educación e da Consellería de Ensino de deixar en mas dos claustros a decisión de que alumnos deben repetir curso, e cales promocionar, coa instrucción de que "a norma xeral debe ser pasar de curso", no instituto redondelán tomaron esta decisión "para non deixar a ningún alumno atrás".


O director do Illa de San Simón, Ramiro Armesto, lamenta que as adminisitracións estatal e autonómica non estableceran "unhas reglas de xogo para todos", e que deixaran a criterio do profesorado esta decisión que, entende, deixa en desigualdade de condicións ao alumnado. No caso do IES Illa de San Simón os docentes decidiron "por unanimidade" facilitar a superación de todas as materias a todo ou alumnado na convocatoria ordinaria de xuño. Entende Armesto que outra decisión "iría en contra da igualdade de oportunidades dos alumnos". Con esta especie de "aprobado xeral" o instituto toma a determinación "de non deixar a ningún alumno atrás", xa que algúns pola súa situación persoal e familiar teñen máis dificultades para seguir as clases e a formación a distancia. No seu caso non se pode falar de aprobado xeral porque non todos os boletíns de notas terán un "suficiente", xa que a nota será incrementada nos casos en que as dúas primeiras avaliacións estivesen superadas ou se superen durante esta terceira avaliación, e nos casos en que as tarefas suban a nota. No centro cursan a Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) 255 alumnos "cada un coa súa situación particular", explica o director, e aínda que o centro faciliou equipos informáticos a todos os alumnos que o solicitaron, son conscientes de que en moitos fogares os rapaces "non poden seguir a formación a distancia "sen a presencia física dun profesor ou un familiar que poida axudarlles". O claustro do centro, con esta decisión, quere dar tamén "unha mensaxe de tranquilidade ás familias e quitarlles calquera presión engadida nunha situación que xa é moi difícil para todos". Ramiro Armesto sinala que esta situación que se prolonga xa case dous meses está a "desbordar" ás familias e tamén ao profesorado. "No meu caso traballo desde as 9 da mañán ata as 2 ou 3 da madrugada, como moitos compañeiros, con centos de correos electrónicos cada día dos alumnos que hai que correxir e devolverlles coas explicacións", advirte o director que tamén é profesor de Matemáticas. Como non haberá exames extraordinarios, o centro ofrecerá desde o 1 de setembro actividades de recuperación e reforzo voluntarias para todo o alumnado que o desexe, á vez que en xullo se preparará a nova programación.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Ramiro Armesto director
No instituto redondelán tomaron esta decisión "para non deixar a ningún alumno atrás".
Falta norma estatal ou autonómica
Armesto lamenta que as adminisitracións estatal e autonómica non estableceran "unhas reglas de xogo para todos" e que deixaran a criterio do profesorado esta decisión.
Familias e mestres desbordados
Con esta decisión queren dar tamén "unha mensaxe de tranquilidade ás familias e quitarlles calquera presión nestes momentos difíciles".
Reforzo en setembro
O centro ofrecerá desde o 1 de setembro actividades de recuperación e reforzo voluntarias para todo o alumnado que o desexe.