www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

O Concello acorda coa Deputación a mellora da seguridade viaira na estrada do Galleiro
Institucional • 7/05/2020
Autor: Ana Prieto

O pleno ordinario que hoxe as 20.00 celebrará a coporación de Redondela de xeito telemático vai tratar, entre outros asuntos, o convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para as obras de "ensanche e mellora da seguridade viaira" na estrada provincial que une os Valos e Guizán.


Trátase dun tramo duns 700 metros entre os puntos quilométricos 180 e 920. Hai xa seis anos que a Deputación de Pontevedra reformou parte deste vial, a estrada do Galleiro, e as obras do tramo pendente realizaranse este ano, segundo o convenio que está previsto se aprobe hoxe no pleno ordinario. Na primeira das fases dotouse de beirarrúas ao vial, e na segunda está prevista a construción dunha senda peonil nunha das marxes da estrada provincial. O acordo coa Deputación inclúe tamén a cesión ao Concello da avenida de San Telmo, na baixada a Arealonga en Chapela, e a rúa Catapeixe en Cesantes.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: