www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

Iván Vázquez: "Confiamos poder celebrar o título de campións e o ascenso a Autonómica"
Deporte • 6/05/2020
Autor: Ana Prieto

O presidente do Arealonga F.S. é prudente sobre o regreso da competición no fútbol sala, paralizada desde marzo pola crise sanitaria da COVID-19. Advirte que haberá que agardar o que determine a Federación, e advirte que malia as gañas de vover xogar "o primeiro é a saúde". Polo de agora amósase aliviado porque xa poden practicar deporte despois de moitas semanas confinados. En todo este tempo o club mantivo en contacto á gran familia do Arealonga F.S. a través das redes sociais con retos, entrevistas, xogos solidarios e concursos.


 


No club aínda descoñecen os plans que ten a Federación Galega para a súa categoría, e polo de agora limítanse a retomar a actividade física por separado, xa que as medidas da desescalada permiten practicar deporte despois de moitas semanas confinados. Desde o club remitíronlle aos xogadores das categorías sénior un plan de traballo para que a volta á competición os colla "na mellor forma posible". Con 19 xornadas disputadas ata que se decretou o Estado de Alarma, o Arealonga é o líder indiscutible da 1ª Galega no grupo de Pontevedra. A 8 puntos de distancia do 2º clasificado, estaba a só un partido de proclamarse campión matematicamente, co que tería garantido o ascenso directo a Preferente. O presidente do club confía en poder celebrar este éxito "que xa se acadara nas pistas" e comezar a competición a próxima temporada en Autonómica "nas condicións que estableza a Federación".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: