www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

Correos reparte material escolar e tarefas impresas a alumnos de Redondela
Sociedade • 5/05/2020
Autor: Ana Prieto

A oficina de Correos de Redondela está a colaborar co IES Mendiño distribuíndo material escolar para facilitar a actividade educativa a distancia. Persoal voluntario recolleu os lotes preparados coas tarefas impresas e co material escolar necesario para que os alumnos poidan seguir o curso, e entregouno directamente nos domicilios dos escolares.


Deste xeito evitan que os alumnos ou os seus familiares teñan que desprazarse.


Correos agradecer publicamente a solidariedade dos seus voluntarios e amosa "orgullo" polo "compromiso e vocación de servizo público" que están a demostrar cada día as súas empregadas e empregados.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: