www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

O PP defende a axuda da Xunta de Galicia en Redondela
Política • 5/05/2020
Autor: Ana Prieto

O deputado autonómico do PPdeG, o redondelán Alberto Pazos, quixo saír ao paso das críticas da alcaldesa, Digan Rivas, en contra da actuación da Xunta de Galicia. "A Xunta decidiu non facilitar datos municipalizados de contaxios de Covid-19 para evitar a estigmatización das zonas máis afectadas". Así xustifican os populares que non se faciliten datos dos contaxios en Redondela.


Pazos sinala que a rexedora "poderá discrepar dese plantexamento, pero non é de recibo que se escude neste feito para eludir as súas responsabilidades, porque ningún deses datos sirve para tomar ningunha decisión sobre competencias municipais." Lamenta o deputado que Rivas "adique máis tempo a buscar confrontación que a atender as súas propias responsabilidades". Tamén acusa á alcaldesa de "falsear" os datos de suministros que recibe das distintas administracións. Asegura que foi a Xunta de Galicia quen enviou máscaras, luvas, e outros productos de protección aos Concellos, ademais de 100 equipos informáticos e conexións a internet para o alumnado, por parte da Consellería de Ensino.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: