www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

Pazos de Borbén ofrece aos veciños orientación xurídica para afectados pola COVID-19
Institucional • 30/04/2020
Autor: Ana Prieto

O Concello de Pazos de Borbén acaba de anunciar a creación dun novo servizo de orientación xurídica para os afectados pola crise sanitaria da COVID-19. Os interesados en facer uso deste servizo deberán solicitalo a través do correo electrónico concello@pazosdeborben.org ou no teléfono 986 497 035. Unha vez recibida a solicitude o asesor porase en contacto cos interesados.


Este novo servizo de asesoramento xurídico quere axudar aos veciños nos trámites legais que resultarán tras a pandemia do coronavirus, como as reclamacións á administración en relación aos ERTEs ou problemas de seguridade laboral nas empresas. O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, explicou que este servizo estará dispoñible "todo o tempo que os veciños o necesiten para que ningún quede sen asesoramento". Iglesias destacou a necesidade de poñelo en marcha "para axudar a moitos veciños, especialmente ás pequenas e medianas empresas e autónomos, aos que esta situación lles ocasionou graves problemas e que ven o seu futuro laboral con incerteza".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: