www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

Redondela lamenta a negativa do Sergas a facilitar datos sobre a evolución do COVID-19 no municipio
Política • 29/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local rexeita a actitude da xerencia do SERGAS quen se nega a ofrecer datos sobre a situación sanitaria do municipio así como das previsións de evolución da enfermidade alegando que se trata "de información clínica co máximo nivel de protección".


O equipo de Goberno insiste en que o que se solicitaba "era unha visión da actual situación sanitaria do municipio en relación co COVID-19, así como datos sobre as previsións de evolución da enfermidade", en ningún caso "unha listaxe detallada, con nome, apelidos e dirección, das persoas que padecen a enfermidade".


Unha información que insisten entenden necesaria para poder optimizar o traballo dende a administración local na preservación da saúde da cidadanía pero que se lles nega dende o Sergas.


Critican tamén que as administracións locais queden excluídas do sistema de compras habilitado pola xunta de Galicia para a adquisición de material de protección, como puideran ser as máscaras cirúrxicas, que queda dirixido "exclusivamente" a empresarios ou autónomos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: