www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

A Policía fala de comportamentos maioritariamente responsables nas saídas con nenos en Redondela
Sociedade • 27/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A xornada de onte foi o primeiro paso nun desconfinamento que se prevé sexa paulatino. Malia algunhas imaxes sobre supostos incumprimentos na normativa, en Redondela e segundo explican dende a Policía local "non se deu a falta de responsabilidade que se observou noutros lugares". Con todo, "tampouco servimos de exemplo" polo que fan un chamamento a seguir as indicacións que establecen que os menores vaian acompañados dun único adulto, que non se separen do domicilio máis dun kilómetro e durante unha hora e que respecten a distancia de seguridade.


Concello e Policía Local fan un chamamento á responsabilidade dos maiores "para non tirar pola borda todo o traballo feito ata o de agora" e lembran que "está nas nosas mans avanzar ou retroceder".


Ao mesmo tempo adiantan que, xa a partir desta semana, as e os axentes da Policía Local incrementarán o control das zonas naturais e paseos autorizados "para vixiar polo cumprimento das condicións establecidas para o paseo dos menores".


Os axentes seguen ademais realizando controis nas estradas e solicitando os correspondentes permisos que acrediten que os condutores están autorizados a se desprazas. Uns controis que tamén se realizan en horario nocturno.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: