www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

Redondela pospón a unha segunda reunión o plan de choque para o sector comercial
Sociedade • 24/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A reunión da mesa de Asesoramento Económico e Reestruturación do Comercio celebrada hoxe de xeito telemático estivo presidida pola alcaldesa, Digna Rivas e contou coa presenza de concelleiros do goberno, partidos da oposición así como representantes da Asociación de Empresarios, Confraría de Pescadores, sindicatos, sector do taxi así como as Axentes de Emprego e Desenvolvemento local. Unha primeira xuntanza que serviu para escoitar as primeiras impresión e propostas e que dentro de dez días volverá xuntarse para adoptar xa medidas concretas de cara a recuperar canto antes a economía local.


O obxectivo desta Mesa é traballar conxuntamente nun plan de acción para tentar paliar os efectos da crise económica que causará o estado de alarma polo coronavirus, de xeito que, unha vez rematada esta situación, contribúan a reactivación económica do municipio.


Esta primeira reunión serviu "para escoitar as primeiras impresións e propostas dos participantes de cara a poder realizar un análise detallado dos posibles futuros que se poden presentar e as medidas a adoptar". Si o apuntaron dende o goberno local ao tempo que adiantaron a convocatoria dunha segunda reunión dentro dos próximos 10 días para xa "sobre propostas concretas, comezar a traballar nas medidas que contribúan a que Redondela recupere o seu pulso social e económico á maior brevidade posible".


Nese sentido, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinalou que mentres está en vigor o estado de alarma "é o momento idóneo para comezar a traballar coa vista posta no día despois". Polo tanto, e dende esa perspectiva, do traballo desta Mesa de Asesoramento Económico, deberán saír medidas concretas "para implementar un plan de choque que contribúa a recuperación económica no menor tempo posible".


Insistiu a alcaldesa no feito que "ninguén quedará atrás" polo que tamén se deseñarán medidas específicas "encamiñadas á xeración de emprego e a inserción laboral das persoas que, por desgraza, perderon os seus empregos nesta crise".


Preténdese, polo tanto, a elaboración dun documento de traballo "flexible e aberto no que se poidan ir propoñendo e desenvolvendo novas accións co fin último da dinamización laboral, económica e comercial de Redondela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: