www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

A ANPA do colexio Igrexa dona os alimentos do Plan Madruga a Aldeas Infantiles
Sociedade • 24/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación decidiu facer esta doazón de leite, galletas e outros produtos propios do almorzo a esta ONG afincada en Redondela. Trátase de alimentos que formaban parte do Plan Madruga e que, ante a incerteza de si haberá ou non volta ao colexio, preferiron doar antes de que chegaran caducar.


O peche dos colexios pillou a toda a comunidade educativa por sorpresa. Pais, nais, alumnado, profesorado e as propias Asociacións de pais e nais que, dun día para outro, tiveron que paralizar practicamente toda a súa actividade ante unha situación sobrevida como a causada polo confinamento.


Entre as actividades que xestiona a ANPA do colexio Igrexa atópase o Plan Madruga, que proporciona o servizo de almorzo a nenos e nenas que por cuestións de conciliación chegan ao centro antes da súa apertura. Leite, galletas e outros produtos propios desa primeira comida do día permanecían a espera de que se volvera abrir o colexio. Ante a falta de noticias ao respecto, e antes de que eses alimentos caduquen decidiron facer unha doazón a Aldeas Infantiles, doazón á que se sumou tamén o propio Colexio quen achegou o leite sobrante do programa lácteo do trimestre pasado.


Unha Asociación que segue en activo pendente de calquera demanda de pais e nais. Agradecen que dende o Concello se lle estea a dar resposta as familias que carecen de ordenador ou internet "sabemos que esas fotocopias están sendo entregadas" explica a presidenta Emilia Rodríguez. Para evitar ademais esa dependencia das fotocopias tamén xestionaron que os libros de exercicios que quedaran dentro do centro foran entregados ao alumnado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: