www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

Detidos dous redondeláns por varios roubos en cafeterías e a unha persoa
Sucesos • 24/04/2020
Autor: Lorena Otero

A un deles impútanselle delitos de roubo con forza en establecementos de hostalería e ao outro un roubo con violencia. Son responsables da subtracción de cartos, bebidas alcólicas e tabaco ademais dun roubo a un veciño cun coitelo. Os dous homes, veciños do municipio de 27 e 33 anos de idade, eran vellos coñecidos da policía e contaban con antecedentes e ordes de procura e detención.


Dentro do Plan de Prevención da Seguridade Cidadá que está a levar a cabo a comisaría Vigo-Redondela, nas últimas horas axentes da Policía Nacional detiveron a dous homes responsables de tres roubos con forza en cafeterías do municipio e un roubo con violencia.


Un deles foi o responsable de varios roubos en establecementos hostaleiros do municipio dos que subtraeu cartos, bebidas alcólicas, tabaco por valor de 1.000 euros, alimentos e equipos electrónicos. O outro detido foi interceptado logo de roubarlle a un veciño cando saída a traballar e ao que ameazou cun coitelo de grandes dimensións para subtraerlle diñeiro.


Os dous contan cun amplo historial delituoso, segundo as bases de datos da Policía Nacional, suman 10 e 38 antecedentes policiais anteriores, ademais de 3 ordes de procura e 1 orde de detención e ingreso en prisión.


As intervencións foron levadas a cabo por axentes da Comisaría de Policía Nacional en Vigo-Redondela, pasando todo o actuado a disposición do Xulgado de Instrución en funcións de garda.


Unhas detencións que se enmarca dentro do campaña de intensificación de controis que está a facer a policía na área de Vigo e Redondela desde comezos do pasado mes de febreiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: