www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

Psicóloga Magdalena Otero: A “nova realidade” incrementará os trastornos obsesivos
Sociedade • 22/04/2020
Autor: Lorena Otero

Unha advertencia que fan os profesionais da psicoloxía que recomendan calma, prudencia, información e reforzos positivos para afrontar o que nos deparará a “desescalada”. Os primeiros en comezar este proceso serán os menores de 14 anos que poderán saír a dar un paseo a partir do 26 de abril. A psicóloga redondelá, Magdalena Otero, aconsella informalos da nova realidade e abordar este proceso con serenidade.


Un dos efectos máis notables que está a provocar o COVID-19 na poboación reflíctese na nosa saúde mental cun incremento da ansiedade, o medo, a angustia ou o extrés. As peculiaridades deste virus dos que son poucas as certezas que temos, sen coñecer como será a súa evolución no futuro nin cando nos despediremos del, fai que se incrementen estes estados anímicos. Desde o centro de psicoloxía Paradoxo, Magdalena Otero recoméndanos afrontar esta etapa con prudencia e evitar obsesionarnos. Prevé que as novas esixencias hixiénicas e os cambios no xeito de relacionarnos suporán un incremento dos casos de trastorno obsesivo compulsivo.


Os primeiros en encarar esa nova etapa serán os rapaces, os menos de 14 anos, que poderán saír a dar un paseo cos seus pais pero con limitacións en canto ao tempo, á distancia e tamén ás actividades que poidan facer.


Unha realidade moi distinta para os nenos que terán que adaptarse a esta realidade e asumir novas responsabilidades que é importante abordar ofrecéndolles información veraz, transmitíndolles calma e buscando o reforzo positivo. Os xogos ou a ciencia ficción poden ser unha ferramenta adecuada para transmitir esta nova situación á rapazada.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: