www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

O Concello prevé poñer a disposición da veciñanza 50.000 máscaras cirúrxicas esta mesma semana
Política • 21/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela ten realizado distintos pedidos de máscaras cirúrxicas homologadas que confían cheguen esta mesma semana e que se porán a disposición dos veciños e veciñas "buscando o procedemento máis apropiado segundo as normas de prevención e salubridade".  A estas 50.000 unidades confían poder engadir outras 20.000 que xa foron solicitadas á Xunta de Galicia.


Explican dende o goberno local que nas últimas semanas xa se puxo a disposición das farmacias "máis de 3.000 máscaras homologadas para repartir entre a poboación máis vulnerable, ademais de por a disposición de autónomos e traballadores que están a desenvolver as súas actividades lotes de máis de mil máscaras co fin de que puideran exercer o seu traballo coas garantías sanitarias mínimas".

Lembran que o obxectivo destas máscaras é protexer a cidadanía malia que a día de hoxe "en vixencia do estado de alarma, os veciños deben permanecer nas súas casas" polo que non toda a cidadanía precisa deste tipo de material de protección que "si está xa a disposición de todas aqueles que  o necesitan por motivos laborais, estado de vulnerabilidade e outras moitas situacións de necesidade".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: