www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

Detido en Rande un varón con droga oculta no vehículo
Sucesos • 21/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Un home de 29 anos de idade era detido tras ser sorprendido ao volante sen contar co permiso de conducir e por transportar no seu interior unha cantidade importante de droga de gran pureza (55 gramos de cocaína) así como cartos en efectivo e outros efectos. Ao detido, un veciño do Porriño, se lle imputa un delito contra a saúde pública e outro contra a seguridade do tráfico.


Os feitos producíanse na mañá de hoxe nun dispositivo de tráfico na rotonda de Rande no que colaboran Policía Local e Nacional. Uns ocntrois que se teñen incrementado principalmente ns entradas e saídas das cidades, así como na zonas industriais, residencias e aquelas zonas máis illadas.


Froito deste control os axentes desplegados hoxe na rotonda da saída da autoestrada en Rande observaron un varón que circulaba no seu automóbil e que ao ver o vehículo policial comezou a actuar de xeito sospeitoso, polo que un dos axentes achegouse a estrada e indicoulle que detivese o vehículo na beiravía.


Ao realizar as primeiras comprobacións descubriron que carecía de permiso de conducir, á vez que outros dous axentes localizaban unha importante cantidade de droga de gran pureza oculta entre as súas pertenzas, así como diverso diñeiro en efectivo e outros efectos.


A droga atopábase en forma de rocha, polo cal aínda non fora fraccionada para a súa venda. Estímase que unha vez realizados os cortes necesarios, esta podería superar amplamente as 300 doses e achegarse aos 8.000 euros no mercado.


Tras proceder á súa detención e traslado a Comisaría, tomóuselle declaración e realizouse unha comprobación das bases de datos, na cal se confirmou que contaba con antecedentes policiais anteriores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: