www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 8 de Agosto de 2020

Soutomaior pon en marcha unha campaña de "costura solidaria" de máscaras de protección
Sociedade • 21/04/2020
Autor: Ana Prieto

O Concello de Soutomaior recibiu unha importante doazón dun particular de máscaras xa cortadas, nas que falta unicamente coser o material. Por iso pon en marcha unha campaña de costura solidaria para todos aqueles voluntarios que queiran participar na súa elaboración completa. As máscaras, unha vez rematadas, serán distribuidas entre toda a poboación do municipio.


Trátase de máscaras hixiénicas, de doble capa e con tecido TNT "que é o que se recomenda para este tipo de material de protección" segundo explica Crisina González, concelleira de Servizos Sociais. As persoas interesadas nesta iniciativa solidaria poden poñerse contacto a través do teléfono ou WhatsApp no número 628 07 49 92, ou ben no Facebook Concello de Soutomaior. Tomarase nota do seu nome, dirección e teléfono e faranlle enrega do material no seu domicilio seguindo as medidas de seguridade. A concelleira salienta "a excelente acollida" que está a ter esta campaña, xa que en tan só unhas horas sumáronse máis de 30 persoas, que se ofreceron a realizar as máscaras nas súas casas. Unha vez estean cosidas, recolleranse nos domicilios e someteranse a un proceso de desinfección. Cando estean listas repartiranse entre toda a poboación do municipio de Soutomaior, según o protocolo establecido.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: