www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

O PP de Redondela solicita que o Concello facilite máscaras de protección a todos os veciños
Política • 21/04/2020

O grupo municipal popular vén de presentar un escrito no Concello no que se solicita que se proceda a un reparto masivo de máscaras, de xeito que todos os veciños teñan acceso a este elemento de protección. Os populares propoñen a súa distribución a través do correo ou mediante reparto de Protección Civil.


A voceira do grupo popular, Carmen Amoedo, entende que "o obxetivo prioritario de todas as institucións debe ser mellorar o nivel de protección dos cidadáns de Redondela". Advirte a concelleira que o período de confinamento "está chegando ao seu fin", polo que é preciso "facilitar aos veciños os medios necesarios para que podan retomar a súa actividade máximas garantías". Lembra Amoedo que na comarca estanse a desenvolver distintas iniciativas, apunta que "algúns Concellos decidiron adquirir mascarillas, outros chegaron a acordos con empresas locais do sector téxtil para fabricalas, e hai tamén grupos de voluntarios que están facendo máscaras que ofrecen aos Concellos ou colectivos". A voceira do PP redondelán sinala que "non coñece ningunha iniciativa do Concello de Redondela para faclitar masivamente medios de protección aos veciños", e apunta que "nunha situación de emerxencia como esta, o Concello debe realizar un esforzo para facilitar á poboación todos os medios precisos para garantir a súa protección".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: