www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 30 de Maio de 2020

O Colexio Santa Mariña achega ordenadores ás familias que carecen de equipo informático
Cultura • 18/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O centro quere garantir que nenos e nenas poidan seguir o curso a través das novas tecnoloxías. Por este motivo, este luns facilitarán ordenadores a aquelas familias que carecen deles. Ademais, en colaboración co Concello, xestionaron a conexión a internet para aquelas familias en risco de exclusión asumindo os gastos derivados deste servizo ata a finalización do curso escolar.


O CEP Santa Mariña, tres realizar unha enquisa entre as familias sobre os medios tecnolóxicos e conexión a internet dos que dispoñen nas súas vivendas, detectou que algúns fogares carecen de ordenadores. Co obxecto de salvar esta carencia e non deixar descolgada ninguna familia acordaron prestar portátiles ao alumando de 1º a 4º de Educación Primaria ( o alumnado de 5º e 6º xa contan con esta ferramenta ao estar o Santa Mariña inmerso no proxecto Edixgal).


Os equipos que se van prestar proceden do antigo proxecto Abalar no que o centro participara con anterioridade, e que antes do confinamento estaban repartidos polas aulas de robótica, informática ou inglés.


Por outra banda, o centro xestionou unha conexión a internet para familias en risco de exclusión social, asumindo, xunto co Concello de Redondela, os gastos derivados deste servizo ata a finalización do curso escolar.


O préstamo realizarase este luns e mércores e tamén, a partires da vindeira semana, ademais de seguir coa actividade académica de xeito telématico, o centro ten previsto pór en marcha uns "Encontros Virtuais", para que o alumnado, utilizando a plataforma que a Consellaría puxo a disposición dos centros, retome o contacto tanto co profesorado coma coas compañeiras e compañeiros, e poder realizar deste xeito, un seguimento da evolución do alumnado non só a nivel académico, senón tamén social e emocional.


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: