www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 8 de Agosto de 2020

A Peña Tío Polivio do Viso entrega un canón de ozono ao Centro de Saúde de Redondela
Sociedade • 18/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O PAC de Redondela segue recibindo mostras de solidariedade e agradecemento de empresas e veciños pola labor que están realizando durante a crise sanitaria do coronavirus. O último destes xestos foi a doazón dun xerador portátil de ozono para a desinfección do interior do centro. A achega nesta ocasión procede da peña Tio Polivio do Viso que quere así "achegar o seu gran de area" a esta difícil situación.


O presidente desta peña, formada por 23 amigos que se reúnen catro veces ao ano para tratar asuntos gastronómicos, José Luís Pérez fixo entrega deste aparato a un dos responsables do centro. Trátase dun aparato transportable que permite realizar tratamentos de limpeza de xeito eficaz e rápido. O ozono é un potente desinfectante que destrúe virus -como o causante da Covid19- bacterias, fungos e tamén permite eliminar insectos e parásitos evitando ademais que os microorganismos se reproduzan. Este tratamento renova e osixena o aire en espazos pechados e, ao tratarse dun gas, é capaz de chegar a calquera área.


Esta doazon ao Centro de Saúde súmase á que semanas atrás recibirán procedente de diferentes establecemenos do Concello. Monos de protección, luvas, máscaras e gafas que lles fixeron chegar principalmente establecementos do sector agrícola, como Agro Eidos, Sémola, Comercial Ojea e Agrocomercial Canudo, ademais da Ferretería Justo. Por outra banda o IES Mendiño donoulles batas impermeables.


.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: