www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 30 de Maio de 2020

Antonio Prieto: "Hai que adaptarse á situación, o máis duro é dixerir o número de vítimas"
Sociedade • 17/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Coa tranquilidade e a sabedoría que lle dan os seus 85 anos de vida, Antonio tenta levar o mellor que pode o día a día e o aburrimento que supón estar pechado na casa. Malia recoñecer que bota moito de menos a vida social "estraño moitísimo ás miñas compañeiras da Cruz Vermella" mantén un confinamento total que combate realizando algunhas rutinas "fago ximnasia, pinto, leo e  camiño polo eido".


Non o dubida e cando lle preguntan que é o que peor leva desta crise sanitaria que nos tocou vivir non fai referencia a súa situación persoal, o máis difícil di "é dixerir o número de mortos diarios" que vai deixando esta pandemia.


No seu día a día o que máis lle pesa é o aburrimento pero con resignación explica que hai que adaptarse a unha situación que nos viu de golpe. El faino con rutinas, así cada día levántase e fai algo de ximnasia, bota man das súas afeccións, como son ler e pintar, e camiña polo eido. Recoñece a importancia de ter un cacho de terreo para non estar pechado entre catro paredes "podo pasear un pouco e traballar a terra, o caso é ir matando o tempo", pero sobre todo, recoñece ter a sorte de non vivir so "estou coa familia, nada que ver cos que teñen que pasar isto en soidade".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: