www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

Rescatan catro gatos dun colector do lixo en Quintela
Sucesos • 16/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Os animais estaban metidos dentro dunha bolsa que fora botada no interior do colector. Unha familia da zona foi quen os atopou e alertou á policía. A mesma familia foi a encargada de recoller os animais, secalos e coidalos ata que, a través da Concellería de Medio Ambiente e a persoas como Diego, do colectivo Animales sin hogar de Redondela, foi posible atoparlles un fogar de acollida en Tui.


O abandono de animais non se detén en tempos coma estas, e onte na parroquia de Quintela atopáronse catro gatiñas nunha bolsa de plástico que fora depositada no interior dun colector do lixo, nas proximidades da igrexa parroquial. Foi unha familia da zona quen se decatou da presenza dos animais a media tarde e procedeu a rescatalos. Avisaron tamén á Policía Local do acontecido quen se puxo en contacto co concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.


O edil lamenta profundamente este feito desprezable e agradece a actuación da familia que rescatou aos gatos, así como a colaboración de protección civil e policía local, e a implicación de Diego de Animales sin hogar quen xestionou o destino dos animais. Finalmente agradece a Rebeca, unha veciña de Tui, que se fixera cargo destes gatiños que tiñan un futuro certamente incerto.


Lamenta tamén que non é o primeiro caso de maltrato animal que se detecta no noso concello e anima a veciñanza a denunciar calquera comportamento deste tipo mentres tentan dar cos culpables do abandono.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: