www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

Boa acollida entre os clientes das compras a domicilio que ofrecen os mercados munipais
Sociedade • 16/04/2020
Autor: Ana Prieto

A crise sanitaria do coronavirus deixou ás prazas case sen clientes nas primeiras semanas de confinamento, o que levou aos vendedores a poñer en marcha a venta telefónica e a entrega a domicilio dos seus produtos. Unha iniciativa que está a ter moi boa acollida entre os clientes, que reciben na súa casa froita, verdura, carne e peixe frescos e de calidade.


Marga Castro, unha das vendedoras de peixe e marisco no Mercado Municipal de Redondela, explica que a iniciativa xurdiu dos propios praceiros. Deste xeito evitan que os usuarios das prazas, maioritariamente persoas maiores, corran riscos. Poden facer o pedido de froita, verduras peixe ou carne a través do teléfono. Os propios praceiros encárganse de organizar os pedidos para que nunha única viaxe o cliente reciba todos os produtos. Nas primeiras semanas do confinamento o medo dos clientes a saír da casa por mor do COVID-19 fixo que as prazas case non tiveran clientes, polo que moitos "mesmo pensaron os pechar o posto". Entre os vendedores non existe medo ao contaxio, xa que traballan "con todas as medidas de seguridade", pero a escasez de vendas durante as primeiras semanas do confinamento foi unha situación moi dura para estes pequenos negocios. A iniciativa da vanta telefónica con reparto a domicilio supuxo un alivio para os praceiros, xa que está a ter moi boa acollida entre os clientes habituais, sobre todo as persoas maiores. Tamén están a recibir chamadas de novos clientes que se interesan por este servizo de reparto a domicilio, grazas ao que poden recibir comodamente na casa produtos frescos e de calidade.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: