www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 8 de Agosto de 2020

O PP solicita que se exima a autónomos e comercio local do pago de impostos e taxas municipais
Política • 15/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Os Populares solicitan a celebración telemática do pleno de marzo para aprobar medidas urxentes coas que afrontar a crise do coronavirus. Entenden que non ten sentido manter "a actual situación de parálise, unha vez aprobada unha modificación legal que permite a celebración telemática de plenos e comisións municipais". Un pleno no que solicitarán a creación dunha Mesa Municipal de Diálogo Social e que se exima a autónomos, pequenas empresas e comercio local do pagos de impostos mentres dure o peche obrigatorio.


Para a voceira do PP, Carmen Amoedo resulta urxente a celebración dun Pleno "para que podamos adiantarnos a situación que está a provocar a epidemia de coronavirus". Engade que ante a nova realidade social na que son moitas as familias que está a sufrir dificultades é preciso que o concello adopte as medidas necesarias para atender as súas necesidades mais inmediatas mediante a posta en marcha dunha seria de axudas encamiñadas a poboación mais vulnerable.


Neste sentido solicitarán a través dunha moción a creación dunha Mesa Municipal de Dialogo Social na que grupos políticos e asociacións de carácter social podamos consensuar medidas para minimizar os efectos sociais do coronavirus."


A voceira popular tamén anticipou a presentación de propostas para aliviar a situación de autónomos, pequenas empresas e comercio local. Concretamente pedirán que se exima a estes colectivos dos impostos e taxas municipais durante o tempo que dure este peche obrigatorio da actividade.


Amoedo tamén insistiu na necesidade de traballar de cara ao futuro e por iso os populares proporán "a creación dun Plan Municipal de Acción Comercial de carácter plurianual, consensuado entre os grupos municipais e a Asociación de Empresarios de Redondela. Temos que planificar as accións que nos permitan superar no menor prazo posible a previsible crise económica que vai ter lugar tras superar a epidemia".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: