www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 4 de Xuño de 2020

Solicitan o reparto de máscaras entre a poboación de Pazos "unha das máis avellentadas da comarca"
Institucional • 15/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG de Pazos de Borbén solicita ao concello que se entreguen máscaras a toda a veciñanza.A formación nacionalista pide que se aplique esta medida nun dos concellos que presenta unha poboación cunha gran porcentaxe de veciños que superan os 65 anos. Por ese motivo entenden que máis aló do lavado de mans é especialmente importante que se distribúa entre a poboación máscaras de protección contra o coronavirus e que se coloquen dispensadores de xel desinfectantes nos puntos máis concorridos do municipio.


Explican dende o BNG que dende a administración comezouse o reparto de máscaras o luns nos grande centro de traballo das urbes, mais non en pequenas vilas como Pazos. Engaden que a escaseza de material hixiénico é tal que non se venden nas farmacias nin máscaras nin xel desinfectante.


Por estes motivos, solicitan en primeiro lugar a instalación por parte do concello de  dispensadores de xel desinfectante nos puntos máis concorridos do concello, como por exemplo a casa do Concello, o Centro de Saúde, o supermercado e a farmacia.


Por outra  banda, solicitan a entrega de máscaras entre as veciñas e veciños de Pazos de  Borbén, igual que xa se está a facer noutros concellos da Comarca.


Estas máscaras deberán ser entregadas porta a porta para mitigar a posible propagación  do  virus.  Esta entrega de balde priorizará a poboación de alto risco, chegando a tódalas casa sen discriminación. Entenden que o Concello, como administración máis próxima á veciñanza e quen debe tomar as medidas axeitadas para a saúde da súa poboación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: