www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

A Biblioteca de Chapela celebra o seu 15 aniversario coas portas pechadas
Cultura • 14/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

A pandemia non permite celebrar esta data tan especial nas instalación da biblioteca no Multiúsos do Piñeiral. Por este motivo, as celebracións trasládanse ás redes sociais, cunha felicitación moi especial a cargo da docente e narradora de historias Ana Facchini, mestra de cerimonias deste aniversario quen o celebra como mellor sabe: contándonos un conto. Iso si, co compromiso de facer tamén unha celebración presencial cando a situación o permita.


O 14 de Abril do ano 2005 abría as súas portas a Biblioteca de Chapela, un espazo no Multiúsos do Piñeiral equipado con oito ordenadores e máis de 3000 libros e publicacións. No 2015 e co gallo do seu décimo aniversario, esta biblioteca con Mª José Villar ao fronte, facía unha gran celebración na que participaban os diferentes colectivos sociais e culturais da parroquia. Nesta ocasión as celebracións son de portas para dentro por mor do confinamento. Con todo, non queren deixar de lembrar unha data tan significativa no seu calendario e convidan aos seus usuarios a achegarse ás redes sociais e escoitar o conto dedica do Ana Facchini.


Unha biblioteca que dende o ano pasado recibe o nome de Xela Arias.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: