www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

A homenaxe ás mulleres de San Simón terá que esperar
Cultura • 13/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

O Colectivo Republicano de Redondela tiña previsto desenvolver unha serie de actos conmemorativos da proclamación da II República, o 14 de abril de 1931. Actos que incluían nesta edición unha homenaxe ás "Madriñas" de San Simón, mulleres de Cesantes, Cedeira e Redondela que axudaron aos presos que estiveron recluídos na illa entre os anos 1936 e 1946. Unha crise sanitaria que obriga tamén a adiar o resto do programa que se ía desenvolver durante esta semana, pero non así as mobilizacións dende as fiestras: animan á veciñanza a participar dunha cacerolada "contra o expolio dos Borbóns".


Explican dende o colectivo Republicano que "con motivo da crise do COVD-19, vémonos na o obriga de adiar os actos conmemorativos da proclamación da II República, actos que incluían unha homenaxe ás Madriñas de Redondela atendendo ao nomeamento do 2020 com oAno das Mullers de San Simón. Actos que debían desenvolverse esta semana e que incluían unha presentación literaria a cargo de Antolín Pulido,a representación teatral do grupo "avelaiña teatro" coa obra "A Lola" sobre o papel das Mulleres durante o franquismo e a tradicional homenaxe no cemiterio dos Eidos aos asasinados da foxa común.


Confían en poder desenvolver todos estes actos en datas próximas atendendo ás necesidades de espazo por parte do Concello.


Aproveitan tamén para animar aos veciños a quedar na casa e sumarse a unha cacerolada convocada pola Asemblea Republicana Amigos da República de Vigo "contra o expolio dos Borbóns" este martes 14 de abril ás 21:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: