www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 3 de Xuño de 2020

A área de Redondela rexistra 120 casos positivos por COVID-19
Sociedade • 13/04/2020
Autor: Ana Prieto

O PAC de Redondela, centro de referencia para os casos de coronavirus na bisbarra, ten rexistrado 120 casos positivos da enfermidade, que se reparten entre Chapela e Redondela, e 4 en Fornelos de Montes. Os médicos advirten que se trata "dunha pequena parte dos casos que existen realmente" e demandan que se fagan test "de xeito masivo" para coñecer o verdadeiro alcance da epidemia.


Emilio Santiago, doutor no Centro de Saúde de Redondela, sinala que a incidencia da enfermidade na bisbarra "é a normal" e semellante a do resto do país, tendo en conta que en Galicia a pandemia chegou máis tarde que a outras comunidades como Madrid, Euskadi ou Cataluña. Os casos positivos repártense entre Redondela (50), Chapela (66) e Fornelos de Montes (4). Con todo, advirte que estes enfermos foron diagnosticados despois de dar positivo na proba de COID-19, pero non reflicte o alcance real da epidemia. Santiago Nieto advirte que para saber con certeza a situación real é preciso facer "test masivos á poboación". Agora só coñecemos o número de doentes aos que se lle fai a proba, pero a cifra real de infectados "podería multiplicar por 10 ou máis os datos que coñecemos". O facultativo sinala que para poder facer fronte á enfermidade e adoptar medidas eficacez é "imprescindible" coñecer o alcance real da pandemia con probas masivas. Deste xeito pode illarse ás persoas que dean positivo e coñecer o nivel de inmunidade da poboación.


Polo de agora, sen tratamento efectivo nin vacina, as únicas medidas eficaces para deter a pandemia son o confinamento, a hixiene de mans e o uso de máscaras de protección se é necesario acudir a lugares onde teñamos que estar con máis persoas (transporte público, traballo, supermercado, etc.) Deste xeito pode "gañarse tempo" e evitar que os servizos sanitarios se saturen. Emilio Santiago advirte que o fin do confinamento deberá ser "progresivo e paulatino", con medidas para evitar novos picos de contaxio, e que o ritmo podería ser diferente segundo a situación de cada rexión.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Emilio Santiago doutor no Centro de Saúde de Redondela
Sinala que a incidencia da enfermidade na bisbarra "é a normal" e semellante a do resto do país.
Test masivos
Advirte que os casos que se contabilizan son só "unha pequena parte dos que existen realmente" e demandan que se fagan test "de xeito masivo" para coñecer o alcance real da epidemia.
Gañar tempo
Polo de agora sen tratamento efectivo nin vacina as únicas medidas eficaces para deter a pandemia son o confinamento a hixiene de mans e o uso de máscaras de protección.