www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 31 de Maio de 2020

A Policía chama a non baixar a garda polo coronavirus e cumprir o confinamento
Sucesos • 9/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Arranca unha Semana Santa atípica na que será preciso quedar na casa para evitar a propagación do virus. Cun foco importante de positivos por coronavirus en Redondela compre extremar as precaucións e cumprir as pautas marcadas polo Estado de Alarma. Ademais dende a Policía Local lembran que se incrementarán os controis nas estradas para evitar os desprazamentos innecesarios. Na xornada de onte denunciáronse seis condutores por incumprir o confinamento.


Dende hai semanas os controis son continuos en diferentes puntos do noso concello. Especialmente vixiadas están as estradas nacionais tanto a N-552 entre Redondela e Vigo, como a N-550 ao seu paso polo concello, en Cesantes e tamén no tramo cara a Peinador. Uns controis nos que se para aos vehículos para pedir as explicacións correspondentes sobre o motivo do traxecto. No caso de ser por cuestións laborais, lembran os axentes que é preciso contar cun xustificantes da empresa. Tamén no caso de explicar que se vén de facer a compra adoitan solicitar o ticket. Con todo tamén continúan as explicacións peregrinas e que non evitan a denuncia como quen ven dende Pontecaldelas a comprar ao Mercadona "porque lle gustan máis estes produtos" ou quen o fai "porque é o único supermercado con produtos para celíacos".  Explicacións que non evitan a denuncia.


O obxectivo destes controis é evitar desprazamentos inxustificados polo que se incrementarán tamén nestes días festivos, aínda que en Redondela ao non tratarse dunha vila turística non se espera a chegada de vehículos procedentes doutras localidades como si está a acontecer noutros concellos galegos.


Un control do que non se libran os viandantes xa que nestes días a reclusión debe ser máxima. Sábese que en Redondela existe un foco importantes de persoas infectadas por coronaviurs, polo que hai que extremar as precaucións e, na medida do posible, non saír da casa.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: