www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 31 de Maio de 2020

A alcaldesa renuncia ao 40% do seu salario de abril para a loita contra o Covid-19
Política • 8/04/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Digna Rivas anunciaba este martes a través das redes sociais a súa decisión de doar parte do seu soldo correspondente a este mes de abril ao Instituto de Saúde Carlos III para impulsar os proxectos de investigación sobre o coronavirus. Dende o PP local anunciaron tamén que doarán o 30% das súas retribucións para a loita contra o Covid-19. Sumándose así os edís de Redondela ao xesto asumido polos Deputados nacionais, autonómicos e provinciais do PP.


A alcaldesa de Redondela, cuxo salario anual ascende a 45.000 euros brutos, anunciou o seu compromiso de doar o 40% do seu salario correspondente ao mes actual ao Instituto de Saúde Carlos III para impulsar os proxectos de investigación sobre o COVID-19. Un xesto que busca "sumarse ao esforzo colectivo necesario para saír adiante".


Tamén os representantes municipais do PP acordaron sumarse ao xesto de solidariedade adoptado por multitude de representantes e cargos públicos do seu partido que nas últimas horas foron anunciando a doazón de parte dos seus ingresos para axudar na loita contra o coronavirus.


"Somos conscientes de que non e mais que un pequeno xesto, e que a nosa achega económica non vai ser o que marque a diferenza, pero nos parecía necesario aportar o noso gran de area a esta corrente de solidariedade que esta a percorrer o noso pais" declarou a voceira popular Carmen Amoedo.


Nisto temos que estar todos xuntos" sinalou Amoedo que tamén aplaudiu as distintas achegas que estana facer distintos representantes doutras formación políticas. " É tempo de que todos arrimemos o ombreiro."


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: