www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 30 de Maio de 2020

Os usuarios de Lenda resisten ao coronavirus
Sociedade • 1/04/2020
Autor: Lorena Otero

Sen ningún caso positivo entre os usuarios da asociación de saúde mental redondelá, a asistencia non se detén e continúan dando servizo a todos os seus usuarios e familias a través do teléfono. Chamadas diarias para comprobar como se atopan pero tamén para lembrarlles a toma de medicamentos ou axudalos a facer algunha xestión a distancia. Tamén apoian ás familias proporcionándolles ferramentas para xestionar a convivencia aínda que aseguran que a máis eficaz, a sensatez e evitar os espazos de roce.


Nesta situación de pandemia, as persoas que padecen unha enfermidade metal son parte da poboación vulnerable, por iso se fai especial fincapé na súa atención nestes xornadas de confinamento, aínda que sexa a distancia. Iso é o que fai a Asociación Lenda de Saúde Mental cos usuarios do centro de rehabilitación, o centro acupacional ademais do servizo de seguimento a distancia. Máis de sesenta persoas que son atendidas polos equipos de traballo compostos por tres membros que cada día se poñen en contacto con todos eles para coñecer como se atopan, lembrarlles a toma da medicación así como axudalos noutras tarefas, que por mor do confinamento, teñen maior dificultade para xestionar.


Desde Lenda, Jaime Figueroa, explica que até o momento non se rexistrou ningún caso de COVID-19 entre os usuarios e están tranquilos pola reacción positiva que están a ter, sen ningunha incidencia salientable.


Para iso é fundamental, lembra, seguir unhas pautas, xa que as persoas con enfermidades mentais soen ter unha menor tolerancia ás situacións de estrés ou ansiade por iso recoméndanlles facer exercizos relaxantes, escribir sobre as súas experiencias e manter o contacto social.


Un traballo que nestes días tamén se está a centrar nas familias. Moitas horas de convivencia que antes da pandemia non mantiñan e ,en ocasións, en espazos reducidos, por iso neste caso a regra é básica, di, a “sensatez e a compresión”. Evitar os espazos de roce tanto físicos como emocionais e de convivencia.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: